“El Batallón Galicia”, de Cristóbal Ruitiña

Cubierta El Batallón Galicia

Un licenciado en paro viaxa a Grandas de Salime, d’unde é a súa familia, pa facer un trabayo temporal. Chega cuando empezan as escavacióis pa recuperar os restos d’un grupo de republicanos axusticiados alí al caer Asturias, nos últimos días d’outubre de 1937. Son el Batallón Galicia. Entre elos, figura el comandante Moreno, úa lienda na contornada.

Descubre entoncias que sou abolo tamén formóu parte d’esa compañía. Intuye qu’el feito de qu’os homes del Batallón Galicia decidiran fuxir precisamente por Grandas tamén conecta as dúas vidas. Y empeza a investigar: as peripecias del comandante Moreno y as d’un labrador de Grandas de Salime en plena Guerra Civil. Os dous escapan de territorios ocupados. José Moreno chega da Coruña. El labrador chega de Grandas de Salime. Os dous coinciden en Xixón. Combaten baxo el mando del Goberno asturiano. Os dous escapan da derrota y os dous avanzan hacía a derrota.

De Nova York a Grandas de Salime, pasando pola Coruña, Xixón ou Barcelona, El Batallón Galicia recrea a odisea d’aquelos republicanos veteranos da derrota antias da derrota, que nunca tuveron ningún sito al que regresar, pro nuno sabían. A narración reconstruye a peripecia del comandante republicano José Moreno Torres. E tamén a d’un labrador de Grandas de Salime que puido coincidir con él e, se acaso, cambiar el sou destino.

Cristóbal Ruitiña (Cangas, Asturias, 1977). Doctor en Comunicación pola Universidá d’Uviéu e licenciado en Periodismo pola Universidá Autónoma de Barcelona, é redactor d’informativos na televisión pública asturiana. Tamén é profesor na Universidá Carlos III de Madrid. Antias, trabayóu en comunicación institucional, radio e prensa escrita, época na que ganóu os premios de periodismo Fundación AENA (2000) y Enriqueta González Rubín (2005). Leva publicados cinco libros y úa decena d’artículos académicos sobre medios de comunicación. Esta é a súa primeira novela.

Impronta
ISBN 978-84-942941-5-0
PVP: 12,00 euros

 

Anuncios